3 de dezembro de 2010

Pendentes do tempo

Boas a tod@s , estamos pendentes da meteoroloxia , por eiquí por Feás , de momento está despexando e a neve derretindo , de isto dependerá a celebración da Foliada.
Saudos.

30 de novembro de 2010

I Foliada do Inverno


Eiqui estamos de novo dende O cruceiro montando festa , nesta ocasión , acompañanos o grupo de gaitas Alén do Mar e as cantareiras de Bailadela.
Comezaremos a partíres das 22:30 ate que nos teñamos de pé.
Esperamosvos ¡¡¡
Venres 3 de decembro:
"23ª Noite de Tasca" con Magosto en Cabrui (Mesía)
A partir das 21:30 h no Local Social de Cabrui: MAGOSTO POPULAR
Coa presenza do Coro da FWFF: "ARUMES DA FRAGA", de Cecebre.
Despois FOLIADA e a 3ª eliminatoria do Concurso de ATURUXOS.
Vide tocar con nós!

1 de novembro de 2010

Próxima Foliada en Oroso.

NOITE DE TASCA en SIGUEIRO-OROSO
Este venres no Restaurante" VIUDA DE NOUCHE" a partir das 10 da noite. (Antes haberá roteiro de gaiteiros polos bares do centro).
Contamos ca presenza do grupo OS GAITEIROS DO PEDROSO da Coruña e tamén actuará a Agrupación Folclórica NÉBOAS de Sigüeiro que ademais colaboran coa organización nesta 22ª edición das Noites de Tasca.
Continuamos co CONCURSO DE ATURUXOS: este venres 2ª eliminatoria, haberá agasallos para os que se clasifiquen para á semifinal.
E despois FOLIADA coma sempre aberta á participación de todos.
Saúdos.

21 de outubro de 2010

OS CRUCEIROS.

AS ENCRUCILLADAS DE CAMIÑOS

Neles adoita haber cruceiros ou petos de ánimas , que son obxectos de culto e parte integrante da paisaxe galega. Os cruceiros naceron unhas veces para cristianizar lugares de antigo culto pagán, para substituír quizais monumentos dedicados a divindades primitivas ou ós lares viais, que eran os deuses dos camiños na Gallaecia romana.

Os cruceiros, sen embargo, non son exclusivos das encrucilladas, hainos que marcan a fronteira coa parroquia veciña -cruzamentos de termo-, outros sinalan cada estación do vía crucis e outros recordan un accidente mortal ou un fusilamento. Algúns levan unha inscrición co nome de quen o mandou facer, co fin de pedir unha oración pola súa alma ou polos defuntos, en xeral. Ante os
cruceiros paran os cortexos fúnebres que se dirixen ó cemiterio e incluso se coloca o ataúde sobre unha mesa de pedra que algúns teñen; alí recítanse responsos.

Noutras encrucilladas de camiños pode haber petos de ánimas, petos para as almas do purgatorio, formados por un retablo onde arden en chamas as almas do purgatorio, mentres a Virxe ou algún santo as vén sacar de alí cun escapulario ou cun cordón para que se agarren a el. Colócanse nos camiños para que os viandantes recen polas almas necesitadas.
Nos cruceiros aparécense as ánimas e dan sinais de que alguén vai morrer pronto. As bruxas reúnense nas encrucilladas, especialmente diante dos cruceiros. A encrucillada é elemento imprescindible para ritos catárticos, profilácticos e de fecundación. A noite de San Xoán préndese o lume en moitas encrucilladas de camiños; tamén se queimaban as bruxas. A importancia das encrucilladas vén dada por se-lo lugar de encontro do outro mundo -ánimas , bruxas e demos- cos deste. Na encrucillada conflúen os camiños procedentes do mundo oculto/deshabitado e os do mundo visible/habitado.

11 de maio de 2010

FOLIADA NO CRUCEIRO


Vinde nenos e nenas a Foliadiña ¡¡¡

Os Azoughados toleamos de todo e agora dásenos por andar gravando maquetas, gustarianos que nos acompañarades neste azoughamento supino , hai amigos/as que xa se subiron ó carro , Grileiros e os Maghúa que nos van dar moito que facer JJJ ( musicalmente falando).
Esperámosvos a todos e a todas.